Proxectos diversos
Carballo

21 Jan 2019. Actualizado a las 05:00 h.
Na vertente de guitarra clásica, Antía prepara o seu recital de fin de carreira, con obras que van dende a música antiga a Bach ou Joaquín Rodrigo. Integra, ademais, un dúo de guitarristas en San Sebastián. No ámbito menos académico, ten proxectos en Galicia como o grupo Ecos da Era do Jazz ou as versións de cantautores con outros guitarristas. Compaxina nalgún caso voz e guitarra.