La Voz de Galicia

Román Rodríguez entregou o diploma á Festa da Carballeira

Carballo

A celebración é xa Festa de Interese Turístico

29 Feb 2020. Actualizado a las 05:00 h.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu onte un encontro coas festas que acaban ser declaradas de interese turístico galego, entre elas a Festa da Carballeira de Zas. O acto tivo lugar no Gaiás, en Santiago, e consistiu na entrega dos correspondentes diplomas, pola parte do concello soneirán acudiron o alcalde, Manuel Muíño, o director do festival, Fidel Otero, e outros representantes da organización.

Román Rodríguez salientou que a concesión ás novas celebracións declaradas de interese autonómico supoñen «un impulso para os concellos do interior e para o fomento do turismo rural», que no último decenio aumentou case nun 30 % a súa cifra de viaxeiros e xa supera os 228.000.

Por outra banda, o conselleiro apuntou que estas festas caracterízanse por poñer en valor diversas tradicións vinculadas á cultura popular e resaltar aspectos etnográficos, espirituais ou enogastronómicos. Di que as seis festas declaradas axudan a «seguir avanzando no noso obxectivo de reforzar a autenticidade de Galicia como destino». Lembrou tamén que hai unha liña de axudas para estes acontecementos, o que, dalgunha maneira, axudará aos organizadores.


Comentar