Lucía Regueiro, actriz: «Son a tola do algodón orgánico e a tola do antiplástico»
Carballo
Ecovoz 2021 | A actriz e presentadora está de parón, aproveitando para gozar dos primeiros meses dunha maternidade moi desexada, mentres pon en valor os asuntos medioambiantais
15 Mar 2021. Actualizado a las 05:00 h.
É un dos rostros máis queridos da televisión en Galicia. A actriz e presentadora Lucía Regueiro está de parón, aproveitando para gozar dos primeiros meses dunha maternidade moi «desexada. Estamos un pouco illados porque cun bebé hai que ter moitas precaucións e é unha mágoa que non poida ver máis sorrisos que o de papá e mamá, pero moi ben e moi felices». A coruñesa conversou sobre asuntos medioambientais o pasado venres no tempo semanal de Ecovoz.
-Máis consciente agora da importancia de deixarlle ás novas xeracións un planeta mellor?
-O planeta é de todos e temos unha responsabilidade. Creo que, agora que son nai, penso máis no mundo que lle imos deixar ao nosos nenos. Estámolo facendo fatal e xa estamos nun contrareloxo para reverter a situación. É moi difícil facelo ben en todos os momentos, pero eu inténtoo. Fixen un cambio grande hai un par de anos.
-En que se notou?
-Hai xente que se ri porque son a tola do algodón orgánico, a tola do antiplástico... Mudei hábitos na cosmética e na alimentación, por exemplo. Cando empezas a tomar conciencia e moi difícil non percibir as cousas que fas mal. Neste ámbito recomendo o libro Libérate de tóxicos de Nicolás Olea. A min cambioume a forma de pensar.