En torno a Carvalho Calero en Espiral Maior Foro, Carballo
Carballo

O espazo cultural acolleu un acto polos 50 anos da cátedra de Lingua e Literatura na USC
27 Mar 2022. Actualizado a las 05:00 h.
Non cesa a actividade en Espiral Maior Foro, Carballo. Este pasado venres acolleu un acto conmemorativo dos 50 anos da creación da cátedra de Lingua e Literatura de Ricardo Carvalho Calero na USC. O encontro xirou en torno ao libro Carvalho Sempre. Alustres de vida e obra, de Luís G. Soto e Tareixa Roca. A Carballo acudiu tamén o investigador e cineasta Manuel Castelao.