Novos nomes para o cartel das 40.ª Festiletras do Couto
Carballo
Do 1 a 4 de setembro pasarán un bo número de artistas pola aldea pontecesá: estes son os que se coñecen ata o de agora
13 Apr 2022. Actualizado a las 05:00 h.
Continúan as confirmacións para a 40.ª edición das Festiletras do Couto, cita coa que a Fundación Eduardo Pondal seguirá sumando historia á súa particular celebración das Letras Galegas, do 1 ao 4 de setembro. Xabier Díaz, Baiuca Live Band, Dios Ke Te Crew, Rodrigo Cuevas, Carlangas DJ Set, Quico Cadaval, The Rapants, Elvis Negro e Lóstregho son, polo momento, os nomes que integran o cartel da celebración, un deseño, novamente, de Adrián Varela. Avanzan que aínda virá «moito máis». Non só a nivel musical, senón tamén literario, dramatúrxico ou artesanal, entre outros.
As Festiletras son unha celebración multidisciplinar, na que sempre hai propostas, ademais, para os máis novos, para sementar futuro. Pernoctar nas inmediacións do festival será posible, e de forma gratuíta. Antes, de todos modos, queda gozar do Dezasete.