La Voz de Galicia

Das Tanxugueiras a Faia e Sheila Patricia, boa música para as Letras na Costa da Morte

Carballo

P. BLANCO
Sheila Patricia

ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2022 | Concertos para gozar na comarca ao redor do 17 de maio

14 May 2022. Actualizado a las 05:00 h.

Ademais de nas propostas infantís, tamén haberá música para público máis xeral nos programas das Letras Galegas na Costa da Morte. Entre os concertos a destacar:

Carballo

Este vindeiro 17 de maio, pasarrúas da Banda Municipal de Gaitas, dende as 11.00. Na rúa Coruña, ás 13.00, concerto da Banda de Música do Conservatorio. O sábado 21, na biblioteca Rego da Balsa (19.30, con reserva de praza), continuarase co ciclo Curruncho Pop: concerto de Magín Blanco. O venres 27 volverá ser quenda no Conservatorio (19.00, Pazo), desta volta un concerto-homenaxe ao exdirector Juan Otero. Finalmente, o sábado 28 de maio, a asociación xuvenil Arume celebrará a súa Foliada dos Cativos: 18.00, en Berdillo.

A Laracha

Sheila Patricia, unha das voces de referencia da nova canción de autora en Galicia, actuará o luns 16, ás 20.00, na Praza Olonne sur Mer da Laracha. Presentará por vez primeira en concerto o seu novo disco, Orixe: tradición e modernidade con ritmos do mundo. Inclúe nel Canto de Caión e Maneo de Caión.

Coristanco

A coral polifónica Santa Cecilia organiza o 16.º Concerto das Letras, recibindo a dúas formacións, de Melide e Cambre. Hoxe, 19.30, no edificio de Servizos Múltiples.

Faia Díaz BASILIO BELLO

O Couto, Ponteceso

No último día do programa ODezasete, o luns 16, figura o concerto de Faia Díaz. Voz de raíz, tradición (e raíces en Fisterra): 18.00, Casa dos Veciños, 3 euros.

Camariñas

Grupo Breogáns, o 17, ás 12.30. Praza do Carme.

Malpica

O martes 17, ás 12.00, inauguración en Buño da sala Non canto por cantar, con diversas formacións locais.

Rocío Cibes
«Nós, se foramos vós, non o perderiamos»

O concerto das Tanxugueiras é do máis agardado na Costa da Morte: actúan o luns 16, ás 22.00, en Vimianzo. Entradas a 5 euros en woutick.es. As propias Sabela, Olaia e Ainda animaban estes días a acudir a Soneira: «Nós, se foramos vós, non o perderiamos. Acude, imos pasalo ben, compartir tradición, cultura e moita lingua galega. Ah, e moita festa!».

Ana García

Graduacións e concertos no Conservatorio carballés

Violín, trompa, trompeta, acordeón, piano, frauta ou guitarra foron algúns dos instrumentos que onte se puideron escoitar no Pazo da Cultura de Carballo con motivo da graduación de alumnos dos graos elemental e profesional do Conservatorio de Música. Ofreceron pezas ben diversas, tamén de música tradicional, como a Foliada de San Fins ou ca Ruada de Chamosa. Iso, ao lado de temas de Bach ou Chopin. Concertos e diplomas logo dun curso no que, como di o director do centro, Javier Bardanca, se foi capeando a sexta onda do covid como se puido. Por fortuna, xa todo con clases presenciais. A cita incluíase tamén dentro dos actos culturais polas Letras.


Comentar