La Voz de Galicia

Letras e saber para os máis novos da Costa da Morte

Carballo

P. BLANCO Carballo / La Voz
Muiñada, de Galeatro, poderá verse esta tarde en Malpica

ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2022 | As actividades culturais irán moito máis alá dun día: para hoxe, xa hai unha boa dose. Concellos e entidades apostan por teatro, narración ou música para as idades máis temperás. Tamén para adultos haberá recitais, baile, contos, premios ou teatro... 

14 May 2022. Actualizado a las 05:00 h.

Xa sexa nos centros educativos ou nas programacións municipais, nenos e nenas son público destacado de moitas das actividades deseñadas en torno ás Letras Galegas na Costa da Morte. Gozar da cultura en familia é, por exemplo, a proposta de Vimianzo para mañá, domingo 15: festexan as Vimiletras, das 17.00 en diante, na Praza do Concello, con inchables, animación, música, teatro ou talleres de tatuaxes e globoflexia. Entre os pratos fortes, Cantaxoga, de Migallas, unha oda á lingua galega e aos moitos estilos musicais que se poden facer nela.

Por Malpica pasou xa Lidia Botana con De aquí para alá, un concerto didáctico. Ás bibliotecas dos centros e mais á municipal fíxoselle chegar, doutro lado, exemplares de Os Bolechas. As miñas primeiras Letras, Florencio Delgado e de Florencio Delgado Gurriarán: polos vieiros da saudade. Para hoxe, sábado, está prevista no entorno do río de Vaa a representación de Muiñada, da compañía carballesa Galeatro (17.30). Culturactiva ofrecerá o martes, no Forno do Forte, ás 17.00, o espectáculo familiar Rosalía, mentres que Charo Pita intervirá ás 18.30, na Praza Anselmo Villar Amigo, con A familia Papaventos: música infantil. Tamén todo isto de balde.

O Concello de Coristanco, doutro lado, en colaboración cos centros Xosé Pichel, Canosa-Rus, Bormoio-A Agualada e CRA A Tarandeira, promoveu a sétima edición do certame artístico e literario Asunción Antelo. Neste municipio, o martes ás 11.30 horas, a biblioteca abrirá as súas portas á escritora Antía Yáñez e aos seus experimentos, unha revisión da dualidade ciencias-letras.

As Letras na Rúa de Carballo, o 17 no xardín municipal, tamén terán destacado espazo para os máis novos, dende o contacontos familiar O garoto de Ipanema, con Caxoto (11.00 horas), ata o concurso infantil de pintura e debuxo Luís Calvo, promovido por Lumieira (11.00, xa 40.ª edición), pasando polo concerto O Soño dos Golfiños (12.00). A festa lúdico-deportiva Correlingua e os Ratos de Lonxetodo seguirán festexando as Letras na capital de Bergantiños 18, e aínda máis para adiante quedarán citas teatrais con Vagalume, dúas delas Ñac Ñac e A verdadeira historia de Hansel e Gretel (sábado 28, 18.00, Pazo).

Talía Teatro, con «Rosa Caramelo»José Manuel Casal

Seguindo coa oferta para os máis novos, boa parte do programa en torno ás Letras do Concello da Laracha teraos a eles como destinatarios, a maiores, por certo, do concurso de marcapáxinas para escolares: Migallas Teatro con Brincadeiras da lingua, este vindeiro luns 16 (18.00, Casa da Cultura da Laracha); Talía Teatro con Rosa Caramelo e outras historias, o mércores 18 (19.00, biblioteca de Paiosaco) e Magín Blanco, con O que levamos nas maletas, o xoves 19 (18.00, centro sociocomunitario de Caión).

Predominan igualmente os pequenos no almanaque de Camariñas: xincana Florencio Delgado este luns 16 (16.00), contada musical con Charo Pita o 18 (11.00, biblioteca) e obradoiro de esculturas de papel o 19 (16.00, biblioteca). O martes 17, na vila do encaixe, entregaranse os premios do certame Letras Galegas (12.00) e poderase colorear a imaxe do homenaxeado este ano.

O camerunés Boni Ofogo, finalmente, contará contos para os máis novos, hoxe, no Couto, Ponteceso: 12.30 horas. Nunca faltaron nas Letras desta Aldea actividades para os máis pequenos. 

Boniface Ofogo XOAN CARLOS GIL

Premios Contos de Primavera, hoxe en Carballo 

O salón de actos de Conservas Calvo acollerá hoxe, sábado, ás 12.00 horas, a entrega dos premios correspondentes á quinta edición do certame Contos de Primavera, promovido por La Voz e Radio Voz, co patrocinio, precisamente, do grupo Calvo. Foi a alumna Irene Ramón, do Manuela Rial de Cee, a que se fixo coa maior puntuación polo seu traballo O meu camiño, se ben haberá detalles para os dez textos máis valorados e tamén un accésit. Tres alumnos do Conservatorio de Carballo ofrecerán pezas ao acordeón e guitarra.

Recitais, baile, contos, premios e teatro... tamén para adultos

Non só hai nas Letras espectáculos de tipo familiar. Moi ao contrario, abunda a oferta:

Carballo

O venres 20 presentarase no Pazo un manual de boas prácticas na xestión culturas das artes visuais. Tamén ese día, continuando co ciclo audiovisual Mestre Mateo, poderá verse o documental A poeta analfabeta (20.30, Pazo). Vagalume Animación ofrecerá dúas pezas teatrais o sábado 21 (20.30, Pazo) e participará o domingo 22 no Ciclo Marusía Escénica As Mariñas-Bergantiños, encontro de teatro afeccionado ao que tamén chegarán formacións de Oleiros e Bergondo. Haberá que sumarlle novas funcións sábado 28 (20.30) e domingo 29 (18.00).

A Laracha

Mañá, domingo, ás 18.00, na Praza Olonne Sur Mer, actuación das entidades culturais Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión.

BASILIO BELLO

Ponteceso

Dentro do programa ODezasete, que promove a Fundación Pondal co apoio do Concello de Ponteceso, programouse para esta noite (22.30, Casa dos Veciños, donativo de 3 euros) un monólogo a cargo de Boniface Ofogo. Mañá, domingo, será día de ofrenda floral e de entrega dos Premios Bos e Xenerosos (12.30), acto complementado cunha exposición dos 40 anos das Festiletras. Para o martes quedará un recital poético, Dose de reforzo: Rosalía Fernández, Claudia Castro, Suso Lista, Alexandre Nerium e Xurxo Souto (16.30, na Casa dos Veciños). A función teatral de Badius (Baio), programada para o luns, tivo que ser aprazada, informou a organización.

Malpica

Presentouse onte a obra literaria Edénicas, de Andrea Fernández, gañadora do 16.º Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado pola entidade Caldeirón. O 27, ás 12.00, daranse a coñecer as bases da 17.ª edición do concurso.

Asunción Antelo, en una imagen tomada un año antes de su muerteJosé Manuel Casal

Dous roteiros literarios  

Coristanco programou para o 21 de maio o roteiro literario Asunción Antelo, itinerario narrativo polos espazos vitais e literarios da Rexoubeira de Bergantiños: Abellariza, O Carballal, Muíño Seco, Seavia... Nel, voces locais recitarán versos desta creadora de Segufe. Saída ás 10.00 dende o edificio de Servizos Múltiples. Necesaria inscrición: bibioteca@coristanco.gal ou 651 664 908. Doutra banda, no ciclo ODezasete pondaliano, Manuel Ferreiro, Felipe Senén e Félix Neira guiarán un roteiro comentado por Muxía.


Comentar