La Voz de Galicia

A Costa da Morte fíxose un oco na 26.ª edición dos Premios María Casares

Carballo

Nomes da comarca, como os de Marta Lado ou Artur Trillo, puideron sentirse este xoves na entrega dos premios

04 Jun 2022. Actualizado a las 05:00 h.

Os 26.º Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AECC), xa teñen gañadores. Da gala celebrada o xoves no Teatro Rosalía de Castro da Coruña saíron recoñecementos con fonda pegada da Costa da Morte. A obra Cigarreiras, de Contraproducións e Teatro Romea, levou tres galardóns: por espectáculo, por dirección (Cándido Pazó) e por escenografía (Dani Trillo).

Congratulouse moito o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) pola compañía, que precisamente fixo no Pazo unha residencia e preestrea desta obra: «Teño que facer mención ao FIOT que nos acompañou nesta aventura», dixo Pazó ao recoller o premio. Foi, ademais, a máis votada polo público na última edición do festival. Tamén hai nomes da comarca, como Marta Lado ou Artur Trillo, na autoría do premiado como mellor texto orixinal, A parábola do angazo, de Talía Teatro.

Tamén esta función se estrou no FIOT 2021, polo cal pasou ademais Othello, de Voadora, que se fixo o xoves con dous galardóns.


Comentar