La Voz de Galicia

Ponteceso acollerá un novo Foro Voz de iniciativas rurais

Carballo

P. B. M. CARBALLO / LA VOZ
José González, conselleiro de Medio Rural

Fundación Juana de Vega e Fundación Pondal colaboran na iniciativa, prevista para este sábado, no Couto

06 Jul 2022. Actualizado a las 16:11 h.

Fundación Eduardo Pondal e La Voz de Galicia, co impulso da Fundación Juana de Vega, volven promover un novo foro que pulsará o potencial do rural a través de diversas experiencias de éxito. O encontro está previsto para este sábado, 9 de xullo, de 09.30 a 11.30 horass, na sede da fundación pondaliana, no aldea do Couto.

Lois García Carballido, presidente da entidade pontecesá, será o encargado de darlle a benvida aos presentes, xunto co conselleiro de Medio Rural, José González. Tomará o relevo Beatriz Suárez Sánchez, representación da fundación Juana de Vega, pulsando o apoio ao emprendemento rural. Luis García, director da EFA Fonteboa de Coristanco, abordará a importancia da formación na procura dese futuro desexado, o clave que é a preparación para facer fronte aos retos. 

Dende Dumbría, Daniel Canosa Blanco, contará o proceso da Sociedade de Fomento Forestal (Sofor) Monte de Vilar (Olveira). Lucía Calvo Marrozos, dende Coristanco, exporá a súa experiencia co proxecto A Despensa d’Lujo, produtos da terra que chegan á máis alta cociña e recoñecemento. Dende Santa Comba chegará Regina Muñiz para amosar o proxecto Villa Regina, e dende Fornelos (Baio) abordará Felipe Allo o mundo da produción ecolóxica ao amparo do Colectivo Xebre. Tamén dende Zas ofrecerá a súa visión e traxectoria José Manuel Garrido Caamaño, criador de cachenas, cunha explotación en Sobreira, na parroquia de Gándara. Por tanto, múltiples aristas de iniciativas enraizadas na querenza da terra.

Os presentes nesta sesión do sábado terán un tempo para os rogos e preguntas, antes do peche da xornada.O érbedo verde ten súa sazón, verso de Pondal, é o lema baixo o que se promove este foro de iniciativas rurais na Costa da Morte, ao que poden acudir todos aqueles interesados na materia e en coñecer iniciativas de éxito que camiñaron nunha dirección contraria ao abandono do agro e da zona.

El programa del Foro // Sábado, 9 de julio / O Couto (Fundación Pondal)


Comentar