La Voz de Galicia

Lucía Pérez: «En Asturias coidan moito o aspecto estético do territorio»

Carballo

A cantante acaba de presentar o seu novo tema: La Penúltima

13 Feb 2023. Actualizado a las 05:00 h.

A piques de lanzar o seu próximo disco, «a partir do outono», a cantante Lucía Pérez pasou polos micrófonos de RadioVoz para falar de xestión de residuos e hábitos medioambientais. Fíxoo cando acaba de presentar o seu novo tema: La Penúltima.

 

—Ti que xiras coa túa música por moitos lugares, de Galicia, do España, pero tamén do resto do mundo, que pensas sobre o coidado que lle damos ao noso territorio?

—Eu agora estou vivindo en Asturias, moi preto de Galicia, en Tapia. Pero pasamos a ponte de Ribadeo o vemos como a paisaxe, o entorno, as casas arranxadas amosan unha gran diferenza con respecto a algunhas zonas de Galicia. Alí coidan moito ese aspecto estético do territorio.

—O feísmo que sempre nos acompaña.

—Eu teño a experiencia na miña casa, no Incio. A xente non o fai por mal, pero incluso eu, ás veces, teño que dicirlle a meu pai que quite algo que ten posto. Isto está na educación e estamos dando pasos, aínda que sexa lentamente.

—E ti a título particular, como te levas coas 3R’s? Con iso de reciclar, reutilizar e reducir.

—Na miña casa reciclo todo, desde papel, plástico ou vidro. Ata me custa facelo mal cando vou a unha casa na que non se recicla e iso é o que temos que conseguir. Pero recoñezo que nos pobos pequenos é máis difícil porque os colectores están máis lonxe.

Pérez é do municipio lucense do Inicio, pero na actualidade reside en Asturias


Comentar