A Biblioteca da Fisterranía medra con «Don Emerito»
Carballo
Modesto Fraga é o responsable da edición. Vén de coñecerse a portada da obra
18 Feb 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Novas obras literarias segue traendo este 2024. O fisterrán Modesto Fraga presentaba en martes de entroido, data ben propicia, a portada do novo libro da Biblioteca da Fisterranía, desta volta dedicado a Desiderio Paz Figueroa, Don Emerito, «o pai do entroido fisterrán». «En breve, os fisterráns e as fisterrás saldaremos unha débeda histórica coa publicación da obra dun dos grandes referentes da nosa cultura», escribiu Fraga, responsable da edición. Neste 2024 cúmprense, doutro lado, 100 anos da creación da Banda de Música de Fisterra por parte de Paz Figueroa.