La Voz de Galicia

Foliadas e festas para este 25 de xullo na Costa da Morte

Carballo

Axenda diaria | A Santa de Muíño, en Zas, anda de vésperas, mais non é a única cita deste festivo autonómico

25 Jul 2024. Actualizado a las 12:09 h.

Xoves 25 de xullo, xornada festiva, e todas estas citas para hoxe na Costa da Morte, ademais do arranque do programa de Santa Margarida de Muíño (ver aquí):

Visitas ao Melga • Abre en Ponteceso o Museo Etnolúdico de Galicia, o Melga, para visitas por libre de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00. Se se formase grupo mínimo de 15 persoas, e previa solicitude, farase visita guiada de 12.00 a 14.00. Para contacto: 661 290 246.

Foliada Farrapeira en Cabana • No campo de San Fins do Castro, 8.ª edición dun encontro que comezará ás 12.00 e que promoven Os Farrapos de Cesullas.

Foliada no cámping Lago-Mar de MuxíaCita especial con motivo do Día de Galicia. Foliada ás 18.00.

Festa da Praia en Xaviña-CamariñasNa área recreativa do Ariño. Misa ás 12.00 e sardiñada ás 13.30, coas actuacións do coro Anduriñas, de Abrindo Rejo e charanga Santa Compaña.

Festas en varias localidades • En Pasarela-Calo (Vimianzo) rematan hoxe con misa ás 13.00, baile con Airiños do Río Grande e Foliada de Salto e macrosesión vermú con Ciclón e Impacto. Alboradas e pasarrúas, misa á unha, vermú con Unión y Fuerza e verbena con SuperFabrik é o que teñen previsto en Cereixo, tamén Vimianzo. Festexan o Apóstolo na Ameixenda, Cee: misa ás 09.00, pasarrúas coa banda Virxe do Carme de Ferrol, misa ás 13.00 coa coral Costa da Morte, procesión, vermú co Trío Karme e verbena con Charleston Big Band e La Mega CDC. La Diferencia e La Bamba son as propostas nocturnas en Mens (Malpica), onde tamén teñen vermú. Haberaa igualmente en Loroño (Zas) co dúo Charada. Nada menos que a orquestra Panorama terán por Vilaño (A Laracha) na verbena, coa discoteca Impacto e o DJ David Bermúdez: a mediodía, terán o cuarteto Mekánika. A Tania Veiras tócalle actuar por Sísamo (Carballo) e en Berdeogas (Dumbría) farao o trío Merengue e CDC Minidisc.


Comentar