La Voz de Galicia

O espectáculo «Casting Lear» gaña o Premio do Público do FIOT

Carballo

Moi preto, cunha nota tamén case perfecta, acabou «Iribarne», a peza na que Butacazero repasou a traxectoria de Manuel Fraga

10 Nov 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O espectáculo Casting Lear, de Andrea Jiménez, alzouse co Premio do Público na última edición do FIOT carballés, que rematou a finais do pasado mes de outubro. Producida conxuntamente con Barco Pirata e Teatro de La Abadía, recibiu unha puntuación de 4,85 sobre 5, sendo non só a máis valorada desta 33 edición, senón unha das mellores notas de toda a historia do festival teatral.

Iribarne, de Butacazero, quedou en segundo lugar cun 4,81; Respira, da compañía Sempre Arriba, foi a mellor proposta do Certame Microescenas M2, e Panos de vinaghre, de Laura Villaverde, foi galardoada coa mellor interpretación nese apartado.

Dende a organización valoran moi positivamente o desenvolvemento desta última edición, que contou cunha porcentaxe de ocupación de sala dun 93,3 % e con preto de 12.000 asistentes ao longo das cinco semanas de programación. O programa de sala, que obtivo unha puntuación dun 4,33, non foi a única liña de actividades que contou cunha gran acollida, posto que o OTNI conseguiu encher tódalas representacións.

Telón e Aparte estende agradecementos ao público, aos artistas, ás institucións e aos voluntarios e numerosos colaboradores do FIOT.


Comentar