La Voz de Galicia

Todo listo para un entroido de altura na Costa da Morte: estas son as citas máis destacadas

Carballo

M. López Carballo / La Voz

En Baio, divertidos mecos volven adornar as portas dos comercios locais

27 Feb 2025. Actualizado a las 05:00 h.

A piques de comezar o aluvión de actividades do entroido, numerosos negocios de Baio locen xa os seus mecos para vestir a vila de cor e creatividade, pero tamén para informar aos clientes da campaña comercial que están a desenvolver neste tempo de carnaval, no que entregarán a cada consumidor que faga compras superiores a dez euros un tique para entrar no sorteo de cestas dos propios negocios. Pero aí non queda a cousa, pois os comercios rifarán produtos doutros comercios: unha especie de «amigo invisible», din.

No resto da Costa da Morte, o groso das actividades comezarán este mesmo sábado, aínda que a Biblioteca Municipal de Corcubión acollerá hoxe a presentación de Kéltiga, unha introdución á antropoloxía cultural de Galicia con Katova (Carmen Tomé). Será ás 19.00.

En canto ao que está por vir, estas son algunhas das propostas máis destacas:

SÁBADO, 1 DE MARZO

DOMINGO, 2 DE MARZO

MARTES, 4 DE MARZO

Mércores, 5 DE MARZO

SÁBADO, 8 DE MARZO

DOMINGO, 9 DE MARZO

 


Comentar