La Voz de Galicia

Do 8M ao entroido e moitas outras propostas para hoxe na Costa da Morte

Carballo

Talía Teatro representou onte en Carballo "Un deus salvaxe". Hoxe farao en Vimianzo Talía Teatro representou onte en Carballo "Un deus salvaxe". Hoxe farao en Vimianzo

Sábado 15 de marzo e un bo número de localidades para elixir entre propostas. ¡Bote un ollo!

15 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Sábado 15 de marzo e un bo número de propostas para esta xornada na Costa da Morte, varias delas ligadas á conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller:

Camariñas e Camelle • O Concello de Camariñas celebrará ás doce deste mediodía un pleno extraordinario onde a corporación municipal aprobará o nomeamento dunha rúa co nome de Silvia Lijó López, recoñecemento á traxectoria desta mestra. Despois, a comitiva desplazarase á rúa en cuestión —a que leva ao instituto Pedra da Aguia— para o descubrimento da placa. Tamén hoxe, pero ás 17.00 horas, e neste caso en Camelle, levarase a cabo unha homenaxe a Carmen Tajes Rodríguez (1921-2008), auxiliar sanitaria. A alcaldesa, acompañada de familiares, descubrirá una placa conmemorativa en lembranza da súa vida e traxectoria: rúa Muelle, ao carón do Museo de Man.

Fisterra • Saída ás 10.00 dende Fisterra da andaina Sementando pola igualdade, promovida dende o CIM, coa implicación dos Concellos de Fisterra, Cee e Corcubión.

Muxía • Acto de recoñecemento a veciñas, ás 20.00, no Salón do Voluntariado. Impulsa o grupo do BNG.

Cee • O BNG de Cee promove para as 19.30, na Praza Concha Blanco, unha homenaxe ás mulleres da man das letras. Con Concha Blanco, Guadalupe Vázquez Formoso, Junquera López e Rocío Leira.

Vimianzo • Teatro ás 20.30 no auditorio da Casa da Cultura: Un deus salvaxe, de Talía Teatro. Entradas a 5 euros.

Carballo • Tarde de Curruncho Pop na biblioteca Rego da Balsa, xornada de tributo ao grupo The Byrds. Botará a andar ás 19.30 coa presentación do libro The Byrds: más jóvenes que ayer, de Fernando López Chaurri, e segurá co concerto de Os Birdiños. Organiza Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística.

Cances e Noicela (Carballo) • «Felices 25»: velaí o lema da festa de entroido que promoverá ás 20.00, no local social, a asociación San Campio de Cances, que tamén cumpre un cuarto de século. Igualmente en Carballo, a comisión de Noicela promove a súa segunda Festa do Cocido: a mediodía, no cámping Baldayo.

Lemaio (A Laracha) • Segundo Cocido Carnavaleiro da comisión de festas, baixo carpa. Ás 13.30 horas, sesión vermú.

Oza (Carballo) • Ás 12.00, no Espazo da Natureza, presentación da 16.ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova.

Ponteceso • Mañá de presentación na Tenda dos Libros, organizada por Ponteceso Cultura Permanente. Ás 13.00, cita con Rodrigo Costoya e o seu libro El siglo del milagro, que mañá levará a Fisterra. Tamén en Ponteceso, pero no instituto Eduardo Pondal, haberá mañá e tarde unhas xornadas sobre formación e saídas dos ciclos e másteres en transporte e mantemento de vehículos.

Coristanco • A asociación A Fonte Sagrada reunirá hoxe a unhas 200 persoas baixo carpa diante da igrexa de Santa Baia. Das 14.00 en adiante.

Pontoxo (Cerceda) • A asociación de veciños Encrobas Viva dará a coñecer un estudio sobre «O Vello Camiño de Santiago». Será ás 18.00 horas, no local social de Pontoxo.

Xora (Vimianzo) • Sesión vermú por San Xosé, co dúo Jalisco, logo da misa das 13.00.

Zas • Baile para maiores, no centro sociocultural, de 19.00 a 22.00, co grupo Marieta.

Corcubión • A plataforma Reiseñores NEE/NEAE promove para hoxe a primeira sesión do programa Medrando Xuntas. Apoio entre familias, esta inicial ás 19.00 na Capela do Pilar.


Comentar