La Voz de Galicia

Xoaquín Ruiz, primeira Firma Emerxente da Mostra do Encaixe de Camariñas

Carballo

Finalista no certame de Noveis Deseñadores en anteriores edicións, as súas creacións abrirán este ano os desfiles dos concursantes

26 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.

Unha das principais novidades da vindeira edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, será a creación dunha nova sección denominada Firmas Emerxentes, que buscará promover e dar apoio a deseñadores que nalgún momento pasaron polo certame que convoca a Mostra e que na actualidade están en proceso de crear a súa propia marca.

O primeiro protagonista será Xoaquín Ruiz, que foi finalista no concurso en varias edicións e que, dende entón, seguiu dando visibilidade ao encaixe camariñán por toda Europa. Os seus deseños abrirán cada un dos desfiles dos Noveis Deseñadores co obxectivo, apunta a concelleira Encarna Liñeiro, de lembrarlles aos participantes que contarán co apoio de Camariñas se seguen apostando e empregando esta artesanía nas súas creacións.

A creación desta nova sección, engade Encarna, é para os deseñadores «unha forma de continuar e promocionar o seu traballo para que consigan consolidar a súa marca».


Comentar