Aberto o prazo para concorrer aos quintos Premios Fouciño
Carballo

O certame premiará con 1.000 euros a mellor curtametraxe, e con outros 500 á mellor peza escolar
02 Apr 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Ata o 30 de xuño • O sábado 25 de outubro celebrarase en Baio a final da quinta edición dos Premios Fouciño, que veñen de abrir prazo para que as persoas interesadas en concursar remitan os seus formularios de inscrición.
Promovidos pola AC Premios Fouciño e o Concello de Zas, nestes premios haberá dúas categorías, unha aberta ao público xeral, cun premio de 1.000 euros á mellor curtametraxe, e outra dirixida ao público escolar, con 500 euros de gratificación para o centro do que proveña a mellor curta. Ademais, o público outorgará dous galardóns de 150 euros, un por sección.
As pezas audiovisuais deberán ter unha duración máxima de 10 minutos e han de estar feitas en galego, con temática libre.
A xornada final, na que haberá concertos e se proxectarán as curtas seleccionadas, estará precedida de dous días de actividades.