O Nosa Señora de Xuvencos, clasificado no «Ecopreguntoiro»
Carballo

Ecovoz 2025 | Avanza o concurso escolar do programa medioambiental de Radio Voz
07 Apr 2025. Actualizado a las 05:00 h.
O CEIP Nosa Señora de Xuvencos, do Concello de Boborás, en Ourense, foi o último dos dezaseis colexios participantes en clasificarse para a segunda volta do Ecopreguntoiro. O equipo formado por André Valencia Rodríguez, Xoel Rodríguez Otero, Gabriel Rodríguez Des, Ramón González Maceda e Martiño González Sampaio venceron ao CEIP Otero Novas, de Ortegada. Co ourensán, xa só quedan oito centros que pelexarán por levarse o título de campións nesta edición do Ecopreguntoiro de Ecovoz.