La Voz de Galicia

Altas doses de sol, callos e sentimento coa Virxe do Monte

Camariñas

m. r. Carballo / La Voz

¡As fotos do día grande da Virxe do Monte de Camariñas!

Camariñas vive días festivos. Case sen tempo, prepárase para San Xurxo

22 Apr 2025. Actualizado a las 05:00 h.

Son días de festa en Camariñas. Primeiro, coa Mostra; onte, co festexo da Virxe do Monte e, mañá, San Xurxo será o protagonista. «Xa hai quen colle a semana!», aseguraban dende a vila.

O tempo deu unha tregua e os camariñáns viviron con gran tradición mariñeira e altas doses de sol e ata callos gratis —costume que se consolida nos últimos anos— unha xornada pola que agardan boa parte do ano. O preparado gastronómico era selecto, de Carnés. Houbo gaitas na capela do monte, mais misas e procesión, e máis marcha logo na praza do mercado. A asociación Virxe do Carme corre coa organización e recuperará os días perdidos polo mal tempo.


Comentar