Os albores da actual Sociedade Deportiva Fisterra
Fisterra
«En varias ocasións tiveron que ir ó monte para poder atopar uns madeiros cos que armar as porterías»
30 Dec 2024. Actualizado a las 05:00 h.
«Al principio las porterías eran de sacar y poner, ya que corrían el riesgo de que las robasen para encascar las redes, haciendo fuego con ellas». Así lembra Tinín aqueles comezos desta nova etapa ó longo dos anos cincuenta. Foi neste tempo cando se consolida o Campo da Igrexa como único e permanente feudo local.
No comezo, antes de que chegase a nova xeración de rapaces que o encontro. Tamén era unha das persoas que adoitaba baixar á praia de Corveiro cada vez (e eran unhas cantas) que o esférico remataba no mar, tendo que baixar ata a praia, espirse, mollarse, nadar para recoller o balón e logo volverse vestir para emprender o ascenso polo empinado barranco e poder continuar.
Non tiñan absolutamente nada. non sería ata a seguinte década cando se normaliza o uso de vestimentas axeitadas para a práctica deste deporte. Mención aparte merece o calzado empregado. Facerse cunhas botas de fútbol era case impensable, así que saltaban ó terreo de xogo co que cadrase e mesmo tense dado a circunstancia de que algún xogador, como o caso de Agustín Traba Rey (Chilín) nun partido xogado nos Muíños, disputase a totalidade do encontro descalzo e sen que iso minguase en absoluto as súas hábiles dotes futbolísticas.
Como cabe agardar, a maneira de vivir os encontros daquela difire moito de como son afrontados na actualidade. Como xa se dixo, os vestiarios a pé de campo eran aínda un concepto totalmente descoñecido para aqueles mozos. Se ben durante todo o tempo no que se xogou no Campo de San Roque empregouse a tribuna nova da fábrica dos Ramallo, o reducido recinto do Campo da Igrexa non contou nunca cuns vestiarios establecidos de maneira continuada.
Cando se comeza a utilizar este terreo de xogo, os xogadores, se dispoñían de medios e material para facelo, mudábanse no Prado, único conxunto de vivendas próximas ó campo. Houbo incluso algunha ocasión na que usaron a horta amurallada da familia Ruíz situada a escasos metros da igrexa. Para poder asearse despois de xogar, se non o facían no Prado cantos metros máis abaixo do anterior.
cachola un madeiro como un animal. Todo ten un límite...
Fragmento de Balóns a Corveiro, Historia e Contrahistoria do Fútbol Fisterrán. Una obra publicada por Gabriel Riveiro, Bebeto y que se puede encontrar en la librería Agarimo y O'Kiosko, en Fisterra.