Quinta edición en Laxe de Escaparates Entroideiros
Laxe

O Concello promove a xa quinta edición deste concurso, con inscrición aberta
19 Feb 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Convoca o Concello de Laxe dende a área de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura a quinta edición do Certame de Escaparates Entroideiros. Os establecementos interesados en participar han de anotarse antes do 28 de febreiro, habendo logo dez días —do 1 ao 10 de marzo— para votar, vía Facebook ou canle municipal de WhatsApp. O anuncio dos gañadores, feito o reconto, será o propio día 10.