La Voz de Galicia

Sete días de programación na Semana Santa de Malpica

Malpica de Bergantiños

La Voz Carballo/ La Voz

Campamentos, obradoiros, deporte, música, oralidade, natureza... de todo iso haberá 

28 Mar 2025. Actualizado a las 14:35 h.

O Concello de Malpica vén de dar a coñecer a súa programación de Semana Santa, levada a cabo coa colaboración das asociacións locais Carcaxía, O Quinteiro e Mallas de Area. Campamentos para nenos, obradoiros, torneos deportivos, espectáculos musicais e teatrais, actos litúrxicos, andainas... De todo isto haberá, co ánimo de buscar alternativas de ocio saudables e, á vez, fomentar a cultura e participación comunitaria durante as vacacións. Non faltarán os actos litúrxicos. A axenda malpicá estará plena do luns 14 ao domingo 20 de abril, e con propostas para distintas edades, repartidas por distintos espazos: centro cívico, Forno do Forte, Casa da Cultura de Seaia, pavillón municipal ou praza Villar Amigo. Un avance


Comentar