La Voz de Galicia

Unha ducia de voces no recital dos 25 anos do Batallón Literario

Muxía

O encontro levarase a cabo no Parador de Muxía

Será este vindeiro sábado, das 18.00 horas en adiante, no Parador Costa da Morte

15 Dec 2021. Actualizado a las 05:00 h.

Sábado • 18.00 horas • Alexandre Nerium, Concha Blanco, David Creus, Estevo Creus, Marilar Aleixandre, Miro Villar, Modesto Fraga, Mónica Góñez, Rafa Vilar e Serxio Iglesias son as dez voces que participarán este vindeiro sábado no recital polos 25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte. O encontro está previsto para as 18.00 horas, no salón de actos de Santa María da Atalaia, e será de libre entrada. Contará, ademais, cunha presentación a cargo da profesora e crítica Teresa Seara e cun concerto a cargo de Manoele de Felisa: Cancioneiro do Camiño. Ao acto está prevista a asistencia, ademais do director do Parador, Julio Castro, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Durante o encontro presentaranse dúas obras para conmemorar a efeméride, unha edición facsimilar conmemorativa de Feros Corvos e unha antoloxía poética de autores do Batallón. Todos os presentes recibirán un volume destas dúas edicións, publicadas por Política Lingüística.


Comentar