Actividades para todos os públicos en Muxía en torno ao 25N
Muxía
Obradoiros, narración horal, concentración, concerto e coloquio: as principais citas da programación
16 Nov 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Vén de presentar o Concello de Muxía a súa programación para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Haberá propostas para todos os públicos, actividades enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e promovidas en colaboración tamén coa Deputación. Foi onte cando comezaron varios obradoiros de igualdade nos colexios de Vilarmide, Virxe da Barca e Os Muíños, impartidos por persoal do CIM. Repetiranse o vindeiro 22 de novembro.
Para o 23 está programada unha intervención a cargo de Leti da Taberna: Enredada, ás 20.00, no Salón do Voluntariado. A xornada central, a do 25, haberá unha concentración ás 12.00 na Praza Cabo da Vila, onde a concelleira de Igualdade, Aurelia Picallo, lerá un manifesto, xusto antes do concerto de Adhara&Ritman. Finalmente, quedará para o 26 un coloquio e debate: Hai saída grazas a ti, no instituto Ramón Caamaño, entre as 16.20 e as 18.00.