La Voz de Galicia

«Que compaxine o cargo co de mestre non implica que desatenda aos veciños»

Ponteceso

Toni Longueira Carballo / La Voz Alcalde de Ponteceso

O rexedor cualificou o seu primeiro ano de mandato de «bo» aínda que advirte da «complicada» situación económica

02 Jun 2016. Actualizado a las 05:00 h.

Naceu en Narón en 1974, pero séntese pontecesán de adopción. Entrou na política activa da man do PSOE hai cinco anos, aínda que como afiliado leva máis anos «grazas a Zapatero e as súas políticas progresistas». É rexedor de Ponteceso dende o 2015 grazas ao apoio do BNG e de APIN-SON.

?¿Que balance fai destes doce meses?

?Moi positivo, porque logramos cortar a hemorraxia que existía no Concello co dispendio.

?Goberno e oposición difiren dos números vermellos do Concello.

?Cando nós chagamos á alcaldía había unha débeda global de 5,5 millóns de euros. Porque o PP non conta como pasivo o remanente negativo de tesourería e os 2,2 millóns en facturas sen pagar e sen partida orzamentaria gardadas no caixón. E iso tamén é débeda.

?¿É un marrón ser alcalde con tan pequeno marxe de manobra?

?Non, para nada. Para min e os meus compañeiros de goberno é un orgullo poder representar aos veciños. A situación económica é a que é, pero temos que reverter esa situación e niso estamos.

?¿Adoptaron medidas para tratar de frear esa sangría orzamentaria da que sempre falan?

?Voulle poñer un exemplo. Logramos aforrar 2.500 euros en facturas telefónicas. É un xesto sinxelo, pero significativo, de que algo cambiou neste último ano. Pero o máis importante é que todas as obras fanse con todos os requisitos legais e coa partida orzamentaria correspondente. Ademais, mediante procedemento aberto para que as empresas, todas as empresas, que o desexen poidan presentar as ofertas e iso reflíctese nunha redución dos prezos de licitación. Todo con total transparencia. No que levamos de mandato, e mediante os correspondentes extraxudiciais de crédito, pagamos medio millón de euros en facturas atrasadas. Ese é o camiño e a nosa prioridade de aquí ata o final de mandato.

?¿Como marcha a súa relación cos traballadores municipais?

?Eu son moi respectuoso. Creo na función pública. De feito, eu son funcionario e orgulloso de selo. Pero ao meu entender, en Ponteceso estábase nunha dinámica de rutina e había que darlle un xiro na forma de traballar. E claro, os cambios non son sempre ben recibidos, pero do que se trata é de ofrecer un servizo de calidade aos veciños, involucrándonos todos máis con eles, empezando por los integrantes do goberno.

?Pero vostede compaxina o seu cargo co de profesor.

?Estou encantado de poder levar o Concello sen que lle custe un só euro aos veciños. A clave está en saber delegar. Teño un excelente grupo de traballo cunhas funcións ben definidas. Pero mire, cando saio de dar clase atendo aos veciños. Non é certo que porque sexa mestre o Concello está abandonado. Ao revés, nunca estivo tan ben atendido como ata o de agora. Hai rexedores que non viven nos concellos nos que traballan e non pasa nada. Eu, ademais do meu traballo, dedico moitas horas a atender aos veciños e as súas necesidade. De feito, moitas tardes estou no Concello atendendo aos que así o requiren. Pero tamén están os meus compañeiros de goberno. Non hai día que José Manuel Pose [edil de Obras] non vai a ata Corme para revisar o sistema de bombeo da depuradora de Corme. Carlos Penedo fai o mesmo coa Ponte da Garga. E así todos.

?¿Ademais de reducir a débeda, ¿cales son as súas prioridades nos vindeiros tres anos?

?Seguir facendo as obras e investimentos con plans concertados coa Deputación e a Xunta, facer moita rúa e moitas xuntanzas cos veciños, fomentar e impulsar o asociacionismo e deixar claro aos veciños que ante todo buscamos a transparencia na nosa xestión, con erros e con acertos.

 


Comentar