Campás e campaneiros, instrumentos de memoria
Ponteceso
Campás e Campaneiros: así fue en imágenes la jornada con Os Chichisos
A asociación Os Chichisos impulsou unha xornada de aprendizaxe en Anllóns (Ponteceso)
05 Nov 2017. Actualizado a las 05:00 h.
A de onte era unha tarde de outono, nada agarimosa coma as de verán alongado que ten habido na Costa da Morte. Pese a todo, un nutrido grupo de persoas déronse cita na freguesía de San Fins de Anllóns (Ponteceso) para asistir á actividade Campás e Campaneiros, organizada pola asociación Os Chichisos, con sede en Pontevedra, coa colaboración da Fundación Pondal. Sabe a xente do rural que as campás non soan igual un día de festa, un día de voda, ca un día de tristura, un día de enterro. Nin tampouco un día de a cotío e, logo, un de misa de domingo. Este último foi un dos toques que onte ofreceu o veterano campaneiro José María López, papel que actualmente desempeña nesta parroquia Antonio Suárez Facial.
Xoán Xil, membro tamén de Os Chichisos, foi o encargado de gravar todos estes sons, para que fiquen na memoria, para que non se perdan. Con todo o traballo que veñen desempeñando dende hai uns anos, xa teñen feito un libro, presentado onte polo seu autor, Rafael Quintía. Este acudiu a Ponteceso acompañado pola súa filla, Saínza, aprendiza de campaneira. Tamén subiu ata as campás de Anllóns, ás que cantara Pondal, en tanto que unha vez finalizada a intervención de López, abriuse aos asistentes a posibilidade de poder tocar.