La Voz de Galicia

Catro días de vizosas Festiletras para os 40 anos de milagre

Ponteceso

P. BLANCO CARBALLO / LA VOZ

A Fundación Pondal vén de dar a coñecer o programa da celebración, que irá dende o 1 ao 4 de setembro: música, contos, artesanía, ciencia... e ata globo!

02 Sep 2022. Actualizado a las 16:56 h.

A cultura foi un refuxio en tempos de peche e é tamén un xeito de festexar unha certa volta á normalidade. Entre as raíces e o futuro, moita identidade. Volverán do 1 ao 4 de setembro as Festiletras á aldea do Couto, en Ponteceso, unha edición especial, a 40.ª, a dos corenta anos de milagre. Co petisco do Dezasete, mantéñense esas alternativas datas de setembro para festexar unhas Letras Galegas que se estenden máis aló do 17 e de todo o mes de maio.

Catro días de iniciativas da man da Fundación Pondal, co apoio da Xunta, da Deputación, de variados organismos e tamén entidades privadas. Sobre todo, moita forza tamén de voluntariado, mocidade e axuda sénior. Música, artesanía, teatro, ciencia, narración oral e moita literatura e letras volven ser piares destas Festiletras, ás que se sumará este ano, o sábado 3 de setembro, a posibilidade de ascender en globo aerostático, unha das aportacións provinciais á cita.

Escenarios en cabanotes

Como vén sendo habitual, non haberá un único escenario, senón que cabanotes ou eiras se converterán para estas datas en anfiteatros, todo a base de mobiliario artesán. Reivindicando coma sempre que a cultura non é só terreo das grandes cidades, pasarán do 1 ao 4 de setembro polo Couto nomes como Quico Cadaval, Celso Fernández, Guti, Rodrigo Cuevas, Baiuca, Belem Tajes, Oîma, Zënzar ou Xabier Díaz e as Adufeiras. Iso, no medio de numerosos autores locais e comarcais, artistas de aquí e de acolá que durante catro días farán incesante a actividade. Hai que sumarlle peliqueiros, Aldeas Singulares ou unha nova entrega de arte mural, coas intervencións de Mutante Creativo, Cestola na Cachola e Juan Rivas.

Xoves 1 de setembro

Santi M. Amil

Venres 2 de setembro

ANA GARCIA

A.L. CREGO

 sábado 3 de stembro 

BASILIO BELLO

ALBERTO LÓPEZ

DOMINGO 4 DE SETEMBRO


Comentar