La Voz de Galicia

El popular Mato accederá a la alcaldía con el apoyo de Adiante por Ponteceso

Ponteceso

Toni Longueira Carballo / La Voz
Lois García Carballido y Mato, en el debate de Radio Voz

Así lo acordó este jueves en asamblea la formación de Roberto Andrade, decisión en detrimento del actual regidor, el socialista Lois García

16 Jun 2023. Actualizado a las 11:04 h.

El candidato del PP de Ponteceso, José Manuel Mato, será el próximo alcalde del municipio. Y será así gracias al apoyo, primero del Partido Galego, y ahora de Adiante por Ponteceso. La formación liderada por Roberto Andrade decidió, en asamblea celebrada a última hora de tarde de este jueves, que el empresario de los seguros sea el nuevo regidor, en detrimento del socialista Lois García Carballido, mandatario desde junio del 2015.

El portavoz de AxP argumentó esta decisión: «A nosa formación converteuse no grupo político responsable de elixir un goberno co que cimentar a estabilidade que buscabamos para o Concello. Responsabilidade que lle debemos á confianza e o apoio depositados en nós polos máis de 400 veciños que nos votaron». Con esta decisión, desde AxP justifican que «este voto é práctico e eficiente, e que se asegura a tranquilidade daqueles que elixiron a Adiante por Ponteceso e como as palabras se traducen en realidade».

AxP se convirtió el 28M en fuerza «vital e necesaria para mudar a forma de facer política en Ponteceso». Después de dos semanas de reuniones con PSOE y PP, Roberto Andrade y su grupo decidieron dar el apoyo a Mato ya que ambas formaciones «adquiren o compromiso de traballar nesta liña en colaboración», con el objetivo de lograr infraestructuras básicas para Ponteceso como el centro de día. Desde AxP dejaron claro que entre elegir a Carballido y escoger a un gobierno formado por PP y PG escogen esta segunda opción. Eso sí, dejando claro que el apoyo a la investidura no implica que AxP vaya a formar parte del futuro gobierno de coalición.

Este es el comunicado íntegro de Adiante por Ponteceso

Adiante por Ponteceso, en só uns meses e seguindo uns principios estabelecidos no seu inicio e acordados por todos os seus membros, convértese no grupo político responsable de elixir un goberno co que cimentar a estabilidade que buscábamos para o noso concello (en caso de que non se produza a última hora o fenómeno do transfuguismo). Responsabilidade que nos veu dada e que asumimos entre todos a partes iguais ao votarmos entre as dúas opcións posibles. E responsabilidade que lle debemos á confianza e o apoio depositados en nós polos máis de 400 veciños que nos votaron.

Con esta actuación demostramos que este voto é práctico e eficiente e con el aseguramos a tranquilidade de aqueles que nos elixiron e que puideron ver como as nosas palabras se traducen en realidade: non pactamos nin co señor Carballido nin co señor Mato, nin estamos en política para buscar postos de traballo ou soldos. Adiante por Ponteceso, por tanto, afírmase como forza vital e necesaria para mudar a forma de facer política no noso concello. Sentido común, diálogo, negociación efectiva e acordos son varias das bases coas que creamos a agrupación e coas que vamos facer oposición ao longo dos próximos catro anos. Non vamos antepor cuestións ideolóxicas ou diferenzas persoais á gobernabilidade de Ponteceso.

Despois de dúas semanas de negociacións, tras escoitar varias ofertas e barallar todas as opcións posibles, buscando o mellor para o noso municipio, Adiante por Ponteceso decide apoiar a investidura do candidato do PP á alcaldía, José Manuel Mato. Deste xeito, priorizando as necesidades e o bo goberno de Ponteceso, o Partido Popular e Adiante por Ponteceso marcan uns obxectivos comúns e ambos adquiren o compromiso de traballar nesta liña en colaboración coa Consellería de Política Social para dotar a Ponteceso dun Centro de día que permita afrontar ao concello as necesidades de dependencia, cada día máis presentes no noso medio.

Con esta actuación non estamos afirmando que nos guste o goberno que formarán o PP e o PG. Pero tamén é certo que o obxectivo primeiro era evitar a continuidade do Sr. García Carballido e o seu legado e cumprimos con ese obxectivo. Apoiar unha investidura non é o mesmo que formar un goberno cunha forza política. E ademais, a nosa decisión foi acompañada dunha demanda, un dos puntos que figuraban no noso programa electoral.


Comentar