«Puños de harina», cita para o alumnado de Vimianzo de cara o 25N
Vimianzo
O premiados espectáculo da compañía El Aedo podrá verse o vindeiro 13 de novembro
08 Nov 2024. Actualizado a las 00:24 h.
13 de novembro • Vimianzo ten por diante un fin de semana intenso. Na variedade de disciplinas que teñen cabida no seu outono de cultura, tocará o sábado danza contemporána e, o domingo, teatro. Non obstante, dende o Concello pensan xa máis alá e anuncian unha cita incluída na programación municipal en torno ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Será o mércores 13 de novembro, para estudantes de secundaria do municipio, que acudirán ás 11.00 horas ao auditorio para ver a función Puños de harina, da compañía andaluza El Aedo. Puños de harina é un premiado espectáculo que pasou con grande éxito o ano pasado pola programación do FIOT de Carballo: afonda en cuestións como a violencia, o racismo e as masculinidades. Fai cruzar a historia do boxeador alemán e xitano Rukeli e a de Saúl, mozo xitano homosexual que vive —e procura a súa identidade— na España rural dos 80.