La Voz de Galicia

O Concello de Zas inclúe un premio especial polo centenario de Labarta na súa mostra de teatro afeccionado

Zas

Nesta edición, a oitava, a contía total dos recoñecementos alcanzará os 4.400 euros

25 Feb 2025. Actualizado a las 16:27 h.

Ata o vindeiro 7 de abril estará aberto o prazo para inscribirse na oitava edición da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, á cal o Concello de Zas destinará este ano 4.400 euros en premios. Increméntase a contía respecto a edicións anteriores xa que desta volta, con motivo do centenario da morte de Labarta, incluirase un galardón extraordinario que premiará á mellor comedia en homenaxe ao autor.

Como xa é habitual, o consistorio zasense, a través do seu departamento de Cultura, pretende con esta mostra «fomentar o teatro afeccionado e o teatro feito en galego». As compañías interesadas en participar atoparán as bases ao completo no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas, así como o formulario de inscrición.

Unha vez recibidas as candidaturas, un xurado formado por membros do consistorio e do grupo de teatro Badius seleccionarán ás obras finalistas, que se representarán entre os auditorios de Zas e Baio nos días 26 de abril e 3, 10, 17 e 24 de maio. O 31 dese mes, por último, entregaranse os galardóns, que serán os seguintes:


Comentar