Chega a terceira Semana diversa ao CPI de Zas
Zas
Serán cinco días que dedicarán a celebrar a diversidade e a aprender sobre a inclusión educativa
30 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.
O CPI de Zas, coa colaboración do Concello, celebrará a próxima semana (do luns ao venres) a terceira Semana diversa, cinco días que dedicarán a celebrar a diversidade e a aprender sobre a inclusión educativa con todo o alumnado de infantil, primaria e secundaria, así como coas familias. O programa de actividades contará coa participación de profesionais entidades da bisbarra como Arelas, Afexdi, Visibles, Quérote+, Atalaias, Laura veiga de Pingando e a educadora Tamara R. Pereira. Haberá obradoiros e charlas.