Este Nadal, a etiqueta pona o Berberecho de Noia
Patrocinado
CONTENIDO PATROCINADO
Chega o momento de pensar no menú para estas festas
15 Dec 2024. Actualizado a las 05:00 h.
O marisco é un dos reis das mesas nestas datas e nada mellor que elixir unha opción de etiqueta: o Berberecho de Noia. O berberecho ten un sabor inigualable, un contido en graxa moi baixo, unha gran cantidade de ferro e unha enorme versatilidade á hora de incorporalo no menú.
Ademais, se é de Noia, estás a levar á túa mesa o mellor berberecho que poderás atopar no mercado e o único cunha «etiqueta» que o garante.
Unha explotación sostible para un bivalvo único
As excepcionais condicións biolóxicas da Ría de Noia e un plan de explotación sostible respectuoso coa especie, fan do Berberecho de Noia algo único no mundo.
E tamén é o único que ten un selo distintivo que garante tres cousas: que se colleitou no momento óptimo para o seu consumo, que se usaron métodos artesanais e sostibles para a súa captura e que a súa orixe é a ría de Noia.
A Confraría de Noia segue un estrito plan de explotación que limita a recolección do molusco unicamente á época entre setembro e abril. “Só abrimos a veda cando o berberecho está nas condicións óptimas de rendemento e a vianda é máis grande” explica o xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Noia (OPPNoia-95). Nos meses de verán, cando o marisco está en época de reprodución, a diferenza doutras zonas, aquí nunca se recolle”. Isto garante a auto rexeneración do molusco na ría e que o bivalvo alcance tamaños que non se atopan en ningunha outra parte do mundo.
Ademais, a Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadeiro propio de Berberecho e nos seus bancos de bivalvo non se sementa nada que non proceda deste criadeiro. «Así controlamos que non se introduzan patóxenos, enfermidades ou especies alleas á ría. Tamén garantimos a trazabilidade e a orixe galega», comentan desde a OPPNoia-95.
Métodos de pesca artesanais
Durante a época do marisqueo, a extracción tampouco se realiza de calquera xeito. O berberecho extráese a pé ou en pequenos barcos de pesca utilizando métodos e utensilios artesanais, sachos, anciños, rastros e raños, que danen o menos posible o fondo da ría e os bancos de marisco.
«As medidas dos nosos rastros son máis restritivas que o que marca a lei. As baleas teñen unha separación de 20 mm, o que fai que os exemplares máis pequenos queden na ría (contan na OPPNoia-95). E logo na lonxa faise unha segunda criba e todo o berberecho que non alcance un tamaño axeitado volve o mar.»
Ademais, todos os mariscadores respectan uns límites de tempo de recollida, que marcan as sirenas dos barcos de vixilancia; e unha cota de quilos por día. Desta maneira garántese o coidado duns dos bancos de bivalvo máis importantes do mundo e a excepcional calidade do seu produto, moi demandado polas principais conserveiras e os chefs máis prestixiosos.
Así que xa sabes, este Nadal cea de etiqueta co mellor berberecho do mundo. Busca a etiqueta de Berberecho de Noia en conservas ou na peixaría, e dálle o mellor aos teus invitados.
Receita de berberechos á mariñeira
Ingredientes: 1 quilo de Berberecho de Noia, 200 ml de caldo de peixe, 1 cebola, allo, pemento, perexil, viño branco, fariña
1. Quita a area aos berberechos poñéndoos en remollo en auga fría con sal durante 2 ou 3 horas
2. Corta a cebola e o allo e póchalos a lume lento nunha tixola cun pouco de aceite.
3. Cando estean brandos, engade unha cullerada de pemento doce e unha cullerada de fariña. Revolve para integrar todo
4. Engade un chorriño de viño branco e deixa que se evapore
5. Engade o caldo de peixe e deixa cociñar uns minutos. Revolve para que a salsa se integre ben e espese un pouco
6. Por último engade os berberechos e o perexil picado, deixa que se cociñen ata que estean abertos... e prato listo.
*Proxecto desenvolto pola Organización de Produtores Pesqueiros de Noia, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura e a Xunta de Galicia.