La Voz de Galicia

O rumorosos na Coruña 117 anos despois

A Coruña

Cantar o Himno 117 anos despois

Ducias de persoas entoan baixo a choiva o himno galego para conmemorar a súa estrea no Gran Teatro da Habana en 1907

20 Dec 2024. Actualizado a las 21:53 h.

Celebrouse este venres diante do teatro Rosalía da Coruña o 117.º aniversario da estrea solemne do himno galego no Gran Teatro da Habana. Ducias de persoas entonaron baixo a choiva os versos de Eduardo Pondal convidados por Vía Galega e Galiza Cultura, máis a Deputación, que chamaron aos veciños a participar na conmemoración dun fito que non tería acontecido sen a participación decisiva da sociedade coruñesa. Porque o himno naceu a partir dun certame convocado en agosto de 1890 polo Orfeón Coruñés n.º 4, dirixido por Pascual Veiga, no que se premiou a mellor marcha rexional galega.

A interpretación colectiva de Os Pinos, acompañada por un grupo de gaiteiros de Cántigas da Terra, chegou despois dunha breve intervención de Manuel Ferreiro, profesor da Universidade da Coruña (UDC) e máximo especialista na obra de Pondal.

 


Comentar