La Voz de Galicia

Mil ocupacións e unha tarefa

Cultura

Camilo Franco

A lista de actividades que Isaac Díaz Pardo acometeu ao longo de toda a súa vida é interminable.

05 Jan 2012. Actualizado a las 22:00 h.

A lista de actividades que Isaac Díaz Pardo acometeu ao longo de toda a súa vida é interminable. Pintor, debuxante, publicista, político, empresario, ceramista, escritor, fundador de museo, conferenciante, editor, animador cultural, periodista e outro sinfín de tarefas nas que ocupaba os días e as noites. Non quixo identificarse exactamente con ningunha delas porque todas elas respondían a unha tarea fundamental, a de recuperar Galicia no vital e no cultura, a de salvar a brecha que a guerra civil abriu no país conectando á xeración dos grandes galeguistas como Luís Seoane ou Castelao coa Galicia contemporánea.

Nesa actividade o mesmo recuperou unha industria punteira en Sargadelos que unha editorial que dese conta da memoria que desaparecía na longa noite de pedra. O mesmo un museo de arte contemporánea que unha franquicia de establecementos para vender porcelana e cultura galegas. As actividades foron medrando ao longo do tempo, pero a tarea foi sempre a mesma: Galicia.


Comentar