La Voz de Galicia

Charo Portela defende a intensidade da vida de Paz Andrade

Cultura

santiago /  la voz<span lang="es-es"> < /  span>

É o primeiro achegamento da autora qu publica Xerais sobre o homenaxeado deste ano nas Letras Galegas

03 Apr 2012. Actualizado a las 06:59 h.

Enfocado aos máis novos, Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía é o primeiro achegamento de Charo Portela que publica Edicións Xerais sobre a vida de quen este ano será homenaxeado no Día das Letras Galegas.

O volume, presentado onte en Santiago, ofrece unha visión sintética «das moitas tarefas que realizou na súa vida Valentín Paz Andrade». A autora apuntou que ten ultimada unha biografía para adultos que tamén será publicada por Edicións Xerais e que profundiza «máis na vida e na obra».

Ademais de contar os principais feitos vitais de Paz Andrade, o libro de Portela ofrece unha escolma dos principais textos en todos os xéneros, desde a poesía ao ensaio ou o xornalismo.


Comentar