Gálix homenaxea a Agustín Fernández Paz nomeándoo socio de honra da asociación
Cultura
O acto terá lugar na sala de conferencias do Centro Cultural Novagalicia Banco en Vigo a partir das once da mañá
16 Oct 2012. Actualizado a las 07:00 h.
O vindeiro xoves a asociación Gálix homenaxeará ao escritor Agustín Fernández Paz e nomearao socio de honra. O acto terá lugar na sala de conferencias do Centro Cultural Novagalicia Banco a partir das once da mañá.
No acto participarán escolares de centros de Vigo; están confirmados o IES dos Rosais, o Politécnico e o de Teis e a homenaxe comezará cunha laudatio que realizará Paz Raña Lama.
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil quere recoñecer con este premio a traxectoria de autores que teñen traballado de xeito especial no desenvolvemento da literatura infantil e xuvenil.
Para agradecer este recoñecemento, o escritor estreará neste acto un novo relato que lerá aos asistentes da homenaxe en Vigo.
Agustín Fernández Paz foi socio fundador de Gálix, desde a creación desta asociación no ano 1989.