La Voz de Galicia

O BNG di que lle colle «por sorpresa» a renuncia de Ferrín

Cultura

Efe

Ana Pontou abogou por que a institución «faga un exercicio de transparencia» respecto ás contratacións de persoal

25 Feb 2013. Actualizado a las 22:05 h.

A diputada do BNG Ana Pontón subliñou hoxe que lle colliu por sorpresa a renuncia de Xosé Luis Méndez Ferrín como presidente da Real Academia, unha institución que, dixo, defende o BNG, e á que reclamou transparencia.

Méndez Ferrín anunciou que renuncia á presidencia da RAG nunha carta dirixida aos seus integrantes na que tamén anuncia a súa baixa como membro da institución.

Esta decisión, dixo Pontón, «cóllenos por sorpresa», e aínda non pode avaliar as causas da renuncia, ao carecer de información suficiente.

En todo caso, destacou que outros membros da Academia chegaron a dicir que se intentou interferir sobre o posicionamento da institución en relación co decreto do galego na ensinanza, o que, de confirmarse, «pareceríanos moi grave».

A parlamentaria do BNG sostivo, a este respecto, que a RAG ten como fin protexer o idioma galego e «debe preservarse o seu funcionamento independente».

Sobre as acusacións de nepotismo na institución, Pontón subliñou que a RAG debe funcionar con transparencia e con criterios «de obxectividade ao facer as súas contratacións».

A pesares de que dixo descoñecer cal é o cadro de persoal da institución ou os criterios que se utilizaron para conformalo, subliñou que se houbera este tipo de prácticas non lle parecería adecuado, polo que abogou por que a institución faga un exercicio de transparencia para preservar a súa imaxe e o seu prestixio.

Preguntada pola apertura da institución durante o mandato de Ferrín, a parlamentaria do BNG dixo que é preciso «apoiar» á academia e «non criticamos» o funcionamento de este tempo e, «é máis, o BNG promoveu» un recoñecemento da institución e o seu apoio financieiro.

Pero, subliñou, cando se suceden acusacións deste tipo o mellor é «actuar con transparencia, porque creo que é a mellor maneira de disipar dúbidas».


Comentar