La Voz de Galicia

Os cadernos do Centro Ramón Piñeiro rescatan a obra teórica de Vidal Bolaño

Cultura

C. F. Santiago / la Voz

«A última polavía» é o nome da exposición que inaugura mañá en Compostela o fotógrafo Vicente Ansola

29 May 2013. Actualizado a las 07:00 h.

O fotógrafo Vicente Ansola exporá a súa obra no Museo do Pobo Galego. Ansola está realizando un traballo sobre o patrimonio etnográfico de A Pontenova. A última polavía é o nome da exposición que inaugura mañá en Compostela este fotógrafo que gañou o premio Hasselblad este mesmo ano. A mostra abrirase mañá, xoves, ás 19.30 horas.

Un texto inédito de Roberto Vidal Bolaño, escrito nos primeiros anos da década do 2000, é un dos atractivos do número 25 dos cadernos Ramón Piñeiro que reúne os escritos teóricos do dramaturgo galego.

Segundo Manuel Quintáns, presidente de honra da Asociación RVB, o volume deste instituto «completa o abano de lecturas deste ano dedicado a Bolaño e agrupa os escritos sobre teatro e o que escribiu tanto sobre a súa obra como sobre outro autores».

Son oito os textos que a edición de Luís Cochón recupera da dispersión de publicacións, revistas, programas de man ou ponencias, acompañadas de textos introdutorios do propio Cochón, Gustavo Luca de Tena e Manuel Quintáns. Nos textos, Vidal Bolaño explica algúns dos seus posicionamentos sobre o teatro galego desde o seu nacemento ata a época contemporánea ou unha explicación de por que o teatro de Ramón Otero Pedrayo debe ser considerado un dos grandes teatros.

A propio intento é o texto inédito que ofrece o volume, un escrito que sintetizaba un proxecto para un espazo de creación teatral que tiña como obxectivo promover a escrita e a posta en escena de novos textos dramáticos galegos e en lingua galega.

Na presentación do volume, tanto o seu editor, Luís Cochón, como o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, o académico Manuel González, coincidiron en sinalar que Roberto Vidal Bolaño non está contando este ano das Letras Galegas «con todo o recoñecemento que sería lóxico». Os dous consideran que a celebración da edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro está restando protagonismo a RVB, pero non coinciden sen embargo nas causas deste feito que os dous dan por seguro. Para Cochón a «incomodidade» da figura de Bolaño é obvia e por iso non está sendo tratado como outras figuras. Manuel González non ten tan claros os motivos, pero si considera que a celebración rosaliana «está ocultando a figura e a obra de Vidal Bolaño e estalle restando algunhas das celebracións que serían naturais».


Comentar