La Voz de Galicia

A escritora cacereña María Victoria Moreno Márquez, autora do Día das Letras Galegas 2018

Cultura

La Voz Redacción

A Real Academia Galega elixiu á profesora a proposta de Alonso Montero como unha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo

17 Jun 2017. Actualizado a las 16:34 h.

A Real Academia Galega elixiu  a María Victoria Moreno como a figura que protagonizará o Día das Letras do 2018.

 

Profesora, poeta, narradora e ensaísta, María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941- Pontevedra, 2005) chegou a Galicia con 23 anos tras casar cun pontevedrés e axiña asumiu a cidadanía galega e o «apostolado», subliñou Alonso Montero, da súa lingua e literatura.

César Quian

A elección da súa voz para o Día das Letras Galegas 2018 veu acompañada do nomeamento, na mesma sesión do plenario da RAG, da catedrática de Literatura Española Marina Mayoral como académica de honra, a proposta de Franco Grande.


Comentar