La Voz de Galicia

Antón Lopo gaña o premio de narrativa breve Repsol coa obra «Extraordinario»

Cultura

O galardón conleva a publicación da obra en Galaxia

26 Sep 2018. Actualizado a las 05:00 h.

A historia dun home que regresa ao círculo familiar logo de varios anos separados para coidar da hai hospitalizada é o argumento de Extraordinario, a obra coa que Antón Lopo (Monforte, 1961) acadou onte o premio de narrativa breve Repsol. O galardón, convocado pola Fundación Repsol, está dotado con 12.000 euros e a publicación da obra en Galaxia, entidade colaboradora, xunto con Política Lingüística, a RAG e a AELG.

A través do protagonista do libro o lector poderá interpretar a personalidade de cada un dos membros da familia, dende o presente ata o pasado. Esas complexas relacións, en especial as que mantén o personaxe principal coa nai na infancia e na adolescencia, así como o antagonismo co seu irmán maior, centran a narración. O xurado destacou «o uso da primeira persoa, a distribución do texto en noventa notas de desigual extensión e o ritmo narrativo conseguido», que acaban «atrapando ao lector».


Comentar