La Voz de Galicia

Un coro por videoconferencia

Cultura

La Voz Redacción
O coro Encaixe

Encaixe grava a distancia unha versión do «Barbie Girl» de Aqua

30 Mar 2020. Actualizado a las 11:19 h.

«O confinamento cantando pasa mellor. Non podemos comer churrasco xuntas, pero cantar podemos ata por videoconferencia». Con este espírito e moito humor o coro Encaixe ofrece en YouTube unha versión do tema Barbie Girl do grupo Aqua, no que cada un dos compoñentes cantou a súa parte dende casa.

O coro Encaixe debutou hai 2016 e propón un repertorio vocal ecléctico e no que non faltan versións de grupos galegos como Marful ou Berrogüetto. A formación gañou o concurso da TVG Oh Happy Day.

«Esperamos que vos guste e que os vosos fogares se enchan de caloriño e forza. Que as nosas músicas retumben forte na vosa casa!» é a mensaxe coa que o coro acompaña a gravación.


Comentar