La Voz de Galicia

Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández

Cultura

X. F. Redacción / La Voz
Alba Cid, á dereita, con Chus Pato na presentación de «Atlas» en OurenseAlba Cid, á dereita, con Chus Pato na presentación de «Atlas» en Ourense

A escritora ourensá obtén o galardón polo seu poemario «Atlas»

20 Oct 2020. Actualizado a las 15:24 h.

Alba Cid (Ourense, 1989) vén de proclarmarse este martes gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, que concede o Ministerio de Cultura e está dotado con 20.000 euros.

O xurado destacou de Atlas (Galaxia) a súa calidade de «reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo». «É poesía tanto do coñecemento como da emoción, e presenta unha nova cartografía en que se funde o mapa do corpo co do planeta, a memoria e o enigma».

Alba Cid é poeta e investigadora. Colaboradora do Diario Cultural e de diversas publicacións, na actualidade encárgase do John Rutherford Centre for Galician Studies da Universidade de Oxford.


Comentar