La Voz de Galicia

A RAG reclama que se difundan na Rede os códices das Cantigas de Santa María custodiados no Escorial

Cultura

La Voz Redacción
Detalle dunha ilustración do Códice Rico

A entidad pide a Patrimonio Nacional que as obras estean dispoñibles a trvés da súa reprodución dixital

25 Mar 2021. Actualizado a las 05:00 h.

Coincidindo co oitocentos aniversario do nacemento de Afonso X o Sabio, a Real Academia Galega reclámalle a Patrimonio Nacional para que comparta en Internet os dous códices coas Cantigas de Santa María que se custodian no Escorial. Trátase do Códice dos Músicos e mais o Códice Rico, que, xunto co de Toledo e outro códice máis foron elaborados en tempos do monarca, no século XIII. Estes dous últimos están dispoñibles na Rede polas institucións que os albergan, a Biblioteca Nacional de España e a Nacional Central de Florencia. Porén, o Códice dos Músicos foi editado na década dos sesenta dos século pasado en condicións precarias, segundo lembran dende a RAG, e o Códice Rico unicamente foi obxecto de edicións facsimilares de luxo, polo que as espléndidas ilustracións polo que é coñecido só están ao alcance duns poucos. «É chegado o momento de que o público interesado, ademais dos e das especialistas, teñan acceso libre a estes códices, a través de reprodución dixital dispoñible en aberto na web», argumentan dende a institución académica galega.


Comentar