La Voz de Galicia

A Coral de Ruada concede o Premio Xavier Prado «Lameiro» a Méndez Ferrín

Cultura

ourense / la voz
Méndez Ferrín, na conferencia en Ourense

O galardón seralle entregado nunha gala que se celebrará o 16 de novembro no Teatro Principal

04 Nov 2022. Actualizado a las 05:00 h.

A Coral de Ruada entregará o día 16 o Premio Xavier Prado, Lameiro, a Xosé Luis Méndez Ferrín. O xurado escollido pola coral para conceder o galardón destacou á hora de dar a coñecer a súa decisión o feito de que «a súa obra literaria constitúe a máis senlleira produción no noso idioma ao longo do século XX». Tamén que o seu traballo xornalístico e literario está cheo de múltiples alusións a Ourense, Celanova, a música e os costumes galegos, á propia Coral de Ruada e mesmo a Xavier Prado, un dos fundadores da mesma. A formación creou o galardón para recoñecer ás persoas, entidades e institucións que se teñen distinguido polo compromiso coa cultura e o folclore galegos.

 


Comentar