La Voz de Galicia

Suso de Toro recibe o premio Novela Europea á mellor tradución

Cultura

santiago la voz

O Casino de Santiago distingue ao autor pola súa obra «Un señor elegante»

10 Dec 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O escritor Suso de Toro recibiu este luns o Premio Novela Europea á Mellor Novela Traducida a outra Lingua Europea pola súa obra Un señor elegante. O galardón, que lle foi entregado ao autor nun acto celebrado á tardiña no Casino de Santiago, premia o traballo feito cunha novela de non ficción, editada por Xerais, que mostra que na posguerra houbo unha Galicia vital, alegre e de ningún xeito resignada.

Na concesión do premio, o xurado valorou a novela de Suso de Toro por diante dos traballos das outras dúas obras que quedaron finalistas: O libro da filla, de Inma López Silva, e Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, editadas as dúas por Galaxia. O acto de entrega do galardón ao escritor compostelán contou coa participación, entre outros, do secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Este premio foi entregado apenas dos semanas despois da celebración no Hostal dos Reis Católicos da gala na que o xornalista e escritor ourensán Juan Tallón recibiu o Premio Novela Europea Casino de Santiago, na súa edición do 2024, por Obra maestra. Tallón fíxose co galardón ao recibir o 48,15 % dos votos fronte á novela finalista que foi elixida en segundo lugar, La postal, de Anne Berest, que obtivo o 25 % dos apoios.


Comentar