La Voz de Galicia

Rosalía

Deza

David Otero

24 Feb 2016. Actualizado a las 05:00 h.

Día grande en Galicia. Día nacional de Rosalía.Xa como case que á porta da primavera, unha máis das que tanto arelou Alvaro Cunqueiro para a nosa Lingua Galega e que nós outro tanto queremos ver cumpridas, a nosa cultura literaria, corpus universal, da man da nosa dona excelsa e primorosa, ponse fachendosa neste día e así coa nosa palabra, a abondosa lectura de frescura, vestirémola de gala a campar de marabilla tallando de galegas e de galegos como así é debido e como así compre ben.Hoxe día de Rosalía os nosos lexítimos desexos de pobo a se determinar máis galego, pasiño a pasiño sen dar marcha atrás e así será dicilo irrenunciablemente, como afirmou Antón Vilar Ponte, queren facérense un algo máis de sentir, algo máis realizados, postos a papel de agasallo, desde a memoria viva e activa a Rosalía, desde a alegría de tanto termos que celebrar na e coa obra da nosa universal cantora.

No manifesto que leremos hoxe na sala Abanca do noso pobo, chamados pola AC Vagalumes, editado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, da autoría de Suso de Toro, pregúntase este de cómo sería Rosalía, de cómo sabelo? E segue dicindo: ? Sabemos, sabemos.Sabemos que foi verdadeira, que viviu toda a vida con verdade e que foi unha persoa libre, e sabemos que a liberdade hai que pagala e por iso a súa vida foi dura?. Velaí liberdade e vida dura a de Rosalía, pois si, así foi e a nós tócanos o esforzo solidario e entregado para seguir coma ela a facer camiño, pobo e idioma, tamén coma ela, coa súa memoria, e non sen sufrimento.Merece a pena para sermos libres e disfrutalo todas e todos.Feliz día.

David Otero, escritor


Comentar