La Voz de Galicia

Bico da Balouta festexou 30 anos de lembranzas

Deza

10 Nov 2024. Actualizado a las 05:00 h.

A agrupación de música tradicional Bico da Balouta celebrou onte no auditorio de Agolada o seu trinta aniversario. Bautizada como De Tabernas e Carballeiras, a cerimonia foi presentada por Clara Rial. A música e as lembranzas de tres décadas de actividade foron sen dúbida as grandes protagonistas desta homenaxe á cultura popular galega. Un reencontro das diferentes xeracións e persoas implicadas nesta agrupación dezá tan presente nos festexos parroquiais e diferentes actividades que se fan non só na comarca, senón en toda Galicia e por Europa adiante, participando en diferentes encontros culturais. Falouse da vivencias, pero tamén demostraron as súas dotes musicais interpretando catro pezas. foto adrián freiría

 


Comentar