A tumba de Avelino Cachafeiro lucirá un novo epitafio en galego
Deza
12 Apr 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Este sábado ás 17.00 horas terá lugar no salón de actos do colexio de Soutelo de Montes unha sentida homenaxe a Avelino Cachafeiro aproveitando o día da Restauración da Memoria Lingüística. Nesta cerimonia haberá intervencións de expertos na súa biografía e actuacións de música tradicional co fin de resaltar a importancia da súa figura. Ao rematar procederán a substituír a súa lápida, en castelán, por outra cun epitafio en galego, idioma no que sempre se expresou.