La Voz de Galicia

Xornada técnica de automoción no IES Antón Losada

Deza

Participaron unhas corenta persoas entre estudantes e profesionais

12 Apr 2025. Actualizado a las 05:00 h.

O IES Antón Losada da Estrada acolleu onte unha xornada técnica de automoción organizada polo centro en colaboración con Recambios Europa. Nela participaron unhas corenta persoas entre estudantes e profesionais do sector. O persoal achegou o estudo e implementación do sistema de freado ATE, que incorpora unha tecnoloxía que maximiza os beneficios nos usuarios e minimiza o impacto negativo no medio.


Comentar