«Afronto a dirección da Banda como un reto, moita ilusión e traballo»
A Estrada
Pazos quere apostar pola base, animando ós rapaces e os que non o son tanto a sumarse a escola
14 Mar 2017. Actualizado a las 05:00 h.
Adrián Pazos Alonso estrease esta semana como novo director da Banda de Agolada. Nado na parroquia de Arnois (A Estrada), fai 29 anos, Miguel Adrián, empezou a estudar en Santa Cruz de Ribadulla para logo cursar o Grao Medio de Música en Santiago de Compostela. Uns estudos que rematou con matrícula de honra, sendo Premio Extraordinario Fin de Grado. O Superior de Música realizouno na Coruña con sobresaínte no concerto de final de carreira. Unha formación que continuou con dous másters. Un de especialización orquestal na Real Filharmonía de Galicia, e outro de trompeta na Accademia Nazionale di Santa Cecilia en Roma, estudando con Juan Lois Diéguez, Rafael Agulló e David Fiuza, entre outros. Dirixiu a bandas de diferentes agrupacións e actualmente é profesor no Conservatorio Municipal de Ribadavia, da clases en varias escolas e toca a trompeta en diferentes orquestras como a portuguesa De Soplos, coa Banda de Pontevedra e a Real Filharmonía de Galicia. Sustitue no cargo a Nilo Jesús García Armas que puña fin a esta etapa despois de dez anos levando a batuta desta emblemática formación.
-¿Como foi o proceso? ¿Tiña xa algunha relación coa Banda de Agolada?
-Non tiña relación ningunha, coñecía a algún músico pero de vista. Vin a convocatoria e presenteime ás probas e escolleron o meu proxecto. Eramos vinte candidatos.
-¿Cando empeza?
-Empezo esta semana, despois da despedida do anterior director cun concerto na inauguración do Auditorio o sábado. Empezamos xa con ensaios da Banda cun ensaio-reunión.
-¿Como afronta este novo traballo?
-O afronto como un reto, con moita ilusión e con traballo, que o podo garantizar.
-¿O proceso foi duro?
-As probas consistiron en presentar o currículo, un proyecto e logo os que seleccionaron fixemos unha entrevista e unha proba de ensaio coa banda. O final houbo unha votación dos músicos para elexir o director.
-¿Que destaca do seu proxecto?
-A miña idea é apostar pola base, traballar na escola de música para que medre en cantidade e en calidade. Ela é o xerme da Banda e tamén na Banda faremos diferentes proxectos.
-¿Cando se presenta?
-O concerto de presentación aínda non ten unha data totalmente definida pero será o primeiro ou o segundo fin de semana de maio. No concerto de presentación interpretaremos un repertorio variado para mostrarlle ó público e os músicos todo o que podemos facer.
-¿Tamén empeza coas clases na escola?
-Si, fixemos un cartel para anunciar a Escola de Música porque o queremos é animar a todos os nenos e os que non son tan nenos a que se inscriban. Na escola damos clases de trompeta, tuba, bombardino, oboe, clarinete, fagot, trombón, trompa, saxofón, frauta, percusión, linguaxe musical, linguaxe musical para adultos, música en movemento e contamos cunha banda infantil. As clases son para rapaces a partir dos tres anos.
-O curso xa empezou, pero ¿os interesados pódense apuntar agora en calquera momento?
-Si, pódense inscribir agora. Os interesados poden chamarme a mín o 690 95 19 78 ou a Adán Fernández o 618 80 81 69.